Mateo 6
6
A esmola
1Tede coidado de non practicardes a vosa xustiza para que vos vexa a xente, que daquela o voso Pai celestial non vos dará recompensa ningunha.
2Cando deas unha esmola non o vaias proclamando diante de ti cunha trompeta, como fan os hipócritas nas sinagogas e nos rueiros para seren loados polos homes; asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa. 3Ti, en troques, cando deas unha esmola, que non saiba a túa man esquerda o que fai a dereita. 4Asà a esmola será secreta e teu Pai, que ve o segredo, xa te recompensará.
Sobre a oración (Lc 11, 2-24)
5Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a xente; asegúrovos que tamén recibiron a súa recompensa. 6Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuarto, pecha a porta e rézalle a teu Pai que está no segredo; e teu Pai, que ve o segredo, hate recompensar.
7E cando vos poñades a rezar non sexades lareteiros coma os pagáns. Botan de conta que os van escoitar polo moito falar. 8Non sexades coma eles, porque voso Pai ben sabe o que precisades xa antes de que llo pidades. 9Vós, rezade asÃ:
Noso Pai que estás no ceo,
santificado sexa o teu nome;
10veña o teu Reino,
fágase a túa vontade
asà na terra coma no ceo.
11Dános hoxe o noso pan de cada dÃa.
12E perdoa as nosas débedas
como tamén nós perdoamos xa ós nosos debedores.
13E non nos sometas á tentación,
mais lÃbranos do Malo.
14Porque se vós perdoades ós outros as ofensas que vos fan, tamén voso Pai celestial perdoará as vosas; 15pero se non perdoades ós outros, voso Pai celestial tampouco non perdoará as vosas ofensas.
O xaxún
16Cando xaxuedes non poñades caras tristeiras, como fan os hipócritas: desfiguran as súas caras para que a xente llelo note. Asegúrovos que xa recibiron a súa recompensa. 17Ti, en troques, cando xaxúes, perfuma a cabeza e lava a cara, 18para que non che se note ante os homes, senón ante teu Pai celestial; e teu Pai, que ve o que está escondido, hate recompensar.
O verdadeiro tesouro (Lc 12, 33-34)
19Non amoreedes tesouros na terra onde a traza e mais a ferruxe acaban con eles, e os ladróns asaltan as casas para roubalos. 20Amoreade tesouros no ceo, onde non hai traza nin ferruxe que acaben con eles, nin ladróns que asalten e os rouben. 21Que onde está o teu tesouro está o teu corazón.
A luz do corpo (Lc 11, 34-36)
22A luz do corpo é o ollo. Se o teu ollo está san, todo o teu corpo estará alumeado; 23pero se o teu ollo está malo, todo o teu corpo estará na escuridade. E se a luz que hai en ti é escuridade, canta escuridade!
Deus e o diñeiro (Lc 16, 13)
24Ninguén pode servir a dous amos, porque ou lle ten lei a un e xenreira a outro, ou ben atende a un e menospreza ó outro. Non podedes servir a Deus e mais o diñeiro.
A Providencia (Lc 12, 22-31)
25Por iso dÃgovos: non andedes agoniados pola vosa vida (o que ides comer, o que ides beber), nin polo voso corpo (o que ides vestir). Non vale máis a vosa vida cá mantenza, e non vale máis o voso corpo có vestido?
26Ollade para as aves do ceo: nin sementan, nin segan, nin recollen nas arcas e, con todo, son mantidas polo voso Pai celestial. Non valedes vós máis ca elas? 27E quen de vós, por máis que se angustie, pode engadir un anaco máis ó tempo da súa vida?
28E polo vestido por que vos angustiades? Aprendede dos lirios do campo: como medran, e non traballan, nin fÃan. 29E asegúrovos que nin Salomón en toda a súa gloria se chegou a vestir coma un deles. 30Pois se á herba do campo, que hoxe verdea e mañá será botada ó forno, Deus asà a viste, canto máis non fará por vós, homes de pouca fe?
31Non andedes angustiados dicindo: "Que imos comer?" ou "que imos beber?" ou "que imos vestir?" 32Por todas esas cousas andan angustiados os pagáns; e ben sabe voso Pai celestial que as precisades. 33Procurade primeiro o Reino de Deus e mais a súa xustiza, e todas esas cousas hánsevos dar de máis a máis. 34Asà que non vos angustiedes polo de mañá; mañá xa traerá a súa angueira. Cada dÃa ten abondo cos seus pesares.
Currently Selected:
Mateo 6: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT