Mateo 10
10
Misión dos Doce (Mc 3, 13-19; 6, 7-13; Lc 6, 12-16; 9, 1-6)
1E chamando ós doce discÃpulos, deulles poder para botaren os espÃritos malos e curaren toda enfermidade e doenza. 2Estes son os nomes dos doce apóstolos: o primeiro Simón, chamado Pedro, e mais Andrés seu irmán, Santiago o do Zebedeo e mais Xoán seu irmán, 3Felipe e Bartolomeu, Tomé e Mateu, o recadador de impostos, Santiago o de Alfeo e mais Tadeu, 4Simón o Zelota e Xudas Iscariote, o mesmo que o entregou.
5A estes doce mandounos Xesús con estas instrucións:
Non vaiades a terra de pagáns nin entredes en vilas de samaritanos; 6ide máis ben ás ovellas perdidas da casa de Israel. 7E mentres camiñades proclamade que xa chega o Reino dos Ceos. 8Curade enfermos, resucitade mortos, limpade gafos, botade os demos fóra. E xa que de balde recibistes, dade de balde tamén. 9Non levedes nin ouro, nin prata, nin cobre nas vosas faixas; 10nin alforxa para o camiño, nin dúas túnicas, nin sandalias, nin caxato; porque o traballador ben merece a súa mantenza. 11En calquera vila ou aldea que entredes, informádevos se hai alguén de confianza e permanecede alà ata que marchedes.
12O entrar na casa, saudade. 13Se a casa é digna, veña a ela a vosa paz; pero se non é digna, que a vosa paz volva convosco. 14E se alguén non vos acolle nin escoita as vosas palabras, saÃde daquela casa ou daquela vila e sacudide o po dos vosos pés. 15Asegúrovos que o dÃa do XuÃzo será máis livián para Sodoma e Gomorra do que para aquela vila.
As persecucións (Mc 13, 9-13; Lc 21, 12-17)
16Vede que vos mando coma ovellas entre lobos! Asà que sede prudentes coma as serpes e sinxelos coma as pombas. 17Tede coidado coa xente, porque entregaranvos ós tribunais e hanvos azoutar nas sinagogas. 18E pola miña causa hanvos levar ante gobernadores e reis, asà daredes testemuño de min diante deles e dos pagáns.
19E cando vos entreguen, non andedes angustiados polo como ou polo que ides dicir, porque naquela hora hásevos inspirar o que tendes que dicir. 20Non sodes vós os que falaredes, senón que será o EspÃrito de meu Pai quen falará por vós. 21Haberá irmáns que entreguen a seus irmáns á morte; pais a fillos; fillos que denuncien a seus pais ata facelos matar. 22Pola miña causa hanvos odiar, pero o que persevere ata o final hase salvar.
23Cando vos persigan nunha vila fuxide a outra, porque de certo vos aseguro: non acabaredes de andar as vilas de Israel antes de que veña o Fillo do Home. 24Non é o discÃpulo máis có seu Mestre, nin o servo máis có seu Señor. 25Abóndalle ó discÃpulo chegar a ser coma o seu Mestre; e ó servo coma o seu Señor. Se ó dono da casa o alcumaron Belcebul, canto máis ós da súa casa!
A quen temer (Lc 12, 2-9)
26Pero non lles teñades medo, que non hai cousa encuberta que non se acabe descubrindo, nin cousa oculta que non se acabe sabendo. 27O que vos digo na escuridade faládeo á plena luz; e o que oÃdes ás agachadas pregoádeo desde as azoteas.
28Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden matar a alma; temede máis ben a aquel que pode arruinar o corpo e a alma no inferno. 29Non se venden un par de pardais por catro patacos? E non cae o primeiro no chan sen o consentimento do voso Pai.
30Pois vós, mesmo tedes contados os pelos todos da cabeza. 31Asà que non teñades medo, que vós valedes máis ca todos os pardais xuntos.
32Todo o que volva por min diante dos homes tamén eu hei volver por el diante de meu Pai celestial. 33Pero quen me negue diante dos homes, eu negareino a el diante do meu Pai celestial.
Xesús, sinal de contradición (Lc 12, 51-53; 14, 26-27)
34Non vaiades pensar que vin traer paz á terra: non vin traer paz senón espada. 35Por-que vin enfrontar o home co seu pai, a filla coa súa nai, a nora coa súa sogra 36e os propios familiares serán os inimigos de cada un. 37Quen ama a seu pai ou a súa nai máis ca a min, non é digno de min. E quen ame a seu fillo ou a súa filla máis ca a min non é digno de min. 38E quen non carga coa súa cruz e me segue, non é digno de min. 39Quen trate de conservar a vida, perderaa; pero quen a perda por min, ese conservaraa.
40Quen vos recibe a vós, recÃbeme a min; e quen me recibe a min, recibe ó que me mandou. 41Quen recibe a un profeta por ser profeta, terá recompensa de profeta; quen recibe a un xusto por ser xusto, terá recompensa de xusto. 42E quen dea de beber a un destes pequenos, aÃnda que soamente sexa un vaso de auga fresca, por ser discÃpulo meu, asegúrovos que non perderá a súa recompensa.
Currently Selected:
Mateo 10: ABGS
Highlight
Share
Copy

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT