Biblia Para Nenos预览

Biblia Para Nenos

8天中的第4天

Hai moito tempo, Deus enviou un anxo, Gabriel, unha doce moza xudía chamada María. Deus díxolle a ela, “Ti terás un fillo e chamarase Xesús. El será nomeado o Fillo do Señor. El reinará para sempre.”

“Cómo pode ser iso?” A marabillosa muller preguntou. “Eu non estiven con ningún home.” O anxo contoulle a María que o neno viría de Deus. Non habería un pai humano.”

O anxo logo díxolle a María que a súa prima Isabel tivera un fillo a unha idade avanzada. Este foi un milagre, tamén. Un pouco máis tarde, María visitou a Isabel. Elas rezaron xuntas.

María estaba comprometida para casarse con Xosé. Xosé estaba triste, cando soubo que María estaba esperando un bebé. El pensou que o pai sería outro home.

Nun soño, Deus anxo díxolle a Xosé que ese neno era o Fillo de Deus. Xosé estaba para axudar a María a coidar a Xesús.

Xosé confiou e obedeceu a Deus. El tamén obedeceu a lei do país. Pola nova lei, el e María deixaron a cidade natal, Belén, para pagar as súas taxas.

María estaba lista para ter o seu bebé. Pero Xosé non puido encontrar un cuarto en ningún lugar. Todas as pousadas estaban ocupadas.

Xosé finalmente encontrou unha cuadra. Alí, o Neno Xesús naceu. A súa nai deitouno nun presebe, un espazo onde normalmente se pon a comida para os animais.

Nas proximidades, os pastores gardaban dos seus rabaños. O anxo de Deus apareceu e contou as marabillosas noticias.

“No día de hoxe naceu na cidade de David o Salvador que é Cristo o Señor. Atoparás ao Neno deitado nun presebe”.

Subitamente, apareceron moitos anxos brillantes, rezándolle a Deus, recitando: “Gloria a Deus nas alturas e na terra en paz. Dálle vontade á humanidade.”

Os pastores apresuráronse cara á corte. Logo viron ó Neno, eles contáronlle a todo o mundo que coñeceran a Xesús e a mensaxe dos anxos.

Corenta días máis tarde, Xosé e María levaron a Xesús a ó templo en Xerusalén. Había un home, chamado Simón, rezándolle a Deus polo Neno mentres a vella Ana, outra serva de Deus, deu as grazas.

Os dous sabían que Xesús era o Fillo de Deus, o prometido Salvador. Xosé sacrificou os dous paxaros. El seguiu a Lei de Deus na que os pobres deben de facer esta ofrenda, cando lle presentan ó Señor un fillo recentemente nado.

Algún tempo mais tarde, unha estrela especial guiaba a uns Homes Sabios dende Oriente ata Xerusalén. “Ónde está El o que é Rei dos Xudeus?” Eles preguntaron, “Nós queremos seguilo.”

O Rei Herodes escoitou algo sobre o Home Sabio. Xurdiron dificultades, el preguntoulles cando encontraron a Xesús. “Eu quero adoralo, tamén,” Herodes dixo. Pero el estaba mentindo. Herodes quería matar a Xesús.

A estrela guía ós Sabios Homes a casa onde María e Xosé viven co Neno. Axeonllados adorando, os viaxeiros déronlle a Xesús ricos agasallos de ouro e perfumes.

Deus avisou ós Homes Sabios de volver ó fogar en segredo. Un malvado goberante determinou destruir a Xesús,matando todos os nenos bebés en Belén.

Pero Herodes non puido danar ó Fillo do Señor! Avisado nun soño, Xosé levou a María e a Xesús a un lugar seguro en Exipto.

Cando Herodes morre, Xosé trouxo de volta a María e a Xesús de Exipto. Eles viviron nunha pequena cidade de Nazaret, preto do mar de Galilea.

O Final

读经计划介绍

Biblia Para Nenos

Cómo comenzou todo? De ónde somos? Por qué hai tanta miseria no mundo? Hai algunha esperanza? Hai vida despois da morte? Encontra as respostas a medida que ti les esta verdadeira historia do mundo.

More