Biblia Para Nenos预览

Biblia Para Nenos

8天中的第3天

Noé foi o home que adorou a Deus. Todas as persoas odiaban e desobedecían a Deus. Un día, Deus dixo algo sorprendente: “Eu vou destruír este malvado mundo” Deus díxolle a Noé: “Soamente a túa familia se salvará.”

Deus advertiu a Noé de que se produciría unha gran inundación e cubriría a terra. “Constrúe unha arca de madeira, un barco suficientemente grande para a túa familia e moitos animais,” Noé recibiu a orde. Deus deulle a Noé as instrucións exactas. Noé estaba ocupado!

A xente probablemente se burlara del cando explicaba o porqué de construír a arca. Noé seguía construíndo. Tamén continuaba falándolle a xente sobre Deus. Ninguén o escoitaba.

Noé tiña unha gran fe. El creu a Deus, incluso cando a choiva nunca caera antes. O fillo da arca estaba listo para cargala con provisións.

Agora chegaron os animais. Deus trouxo sete de algunhas especies, dúas de outras. Paxaros grandes e pequenos, animais minúsculos e altos camiñaron cara a arca.

Quizais a xente lanzou insultos a Noé como os animais cargados. Eles seguiron pecando en contra de Deus. Eles non preguntaron para entrar na arca.

Finalmente todos os animais e paxaros estaban abordo. “Vide dentro da arca,” Deus invitou a Noé. “Ti e a túa familia.” Noé, a súa esposa, o seus tres fillos e as súas mulleres entraron na arca. Despois Deus cerrou a porta!

Logo comezou a chover. Unha gran balloada axitou a terra durante catro días e noites.

A auga da inundación asolagou cidades e vilas. Cando a choiva parou, mesmo as montañas estaban baixo auga. Todo o que respiraba aire morría.

Como o espertar da auga, a arca flotaba no cume. Poida que estivera escuro dentro, quizais accidentado, e quizais tamén atemorizados. Pero a arca amparou a Noé do diluvio.

Despois de cinco meses do diluvio, Deus enviou un vento secante. Lentamente, a arca chegou a descansar no cume das montañas de Ararat. Noé estivo dentro outros corenta días mentres a auga baixaba.

Noé enviou un corvo e unha pomba saír fóra e abriuse a porta da arca. Non se encontraba un espazo limpo e seco para descansar, a pomba volveu a Noé.

Unha semana máis tarde, Noé probou de novo. A pomba volveu cunha folla de oliveira no peteiro. A seguinte semana Noé sabía que a terra estaba seca porque a pomba non regresou.

Deus díxolle a Noé que era o momento de saír da arca. Xuntos, Noé e a súa familia descargan os animais.

Como de agradecido se debía de sentir Noé! El construíu un altar e adorou a Deus por protexelo a el e a súa familia desa aterradora inundación.

Deus prometeulle a Noé algo marabilloso. Nunca máis enviaría unha inundación para xulgar o pecado humano. Deus deixaría como recordo o arco da vella, a firma da promesa de Deus.

Noé e a súa familia encontraron un novo comezo despois da inundación. Nese tempo, os seus descendentes volveron a repoboar o conxunto da terra. Todas as nacións do mundo veñen de Noé e os seus nenos.

O Final

读经计划介绍

Biblia Para Nenos

Cómo comenzou todo? De ónde somos? Por qué hai tanta miseria no mundo? Hai algunha esperanza? Hai vida despois da morte? Encontra as respostas a medida que ti les esta verdadeira historia do mundo.

More