Mateo 4
4
As tentacións (Mc 1, 12-13; Lc 4, 1-13)
1Foi entón cando o EspÃrito conduciu a Xesús ó deserto, para que Satán o tentase. 2Despois de xaxuar corenta dÃas e corenta noites, acabou por ter fame. 3O tentador, achegándose a el, dÃxolle:
Se es Fillo de Deus, manda que estas pedras se convertan en pan.
4Pero el respondeu:
Está escrito: Non soamente de pan vive o home, senón de toda palabra saÃda da boca de Deus.
5Levouno logo o Satán á cidade santa, e púxoo na atalaia do templo, 6dicÃndolle:
Se es o Fillo de Deus, bótate de aquà embaixo, que está escrito: Mandará os seus anxos para que te coiden e te leven nas súas mans; e os teus pés non se mancarán nas pedras.
7Xesús respondeu:
Tamén está escrito: Non tentarás o Señor, o teu Deus.
8Pero aÃnda o levou o Satán a un monte moi alto e, mostrándolle os reinos todos do mundo enteiro, cheos de esplendor, 9dÃxolle:
Heiche dar todo isto se te prostras e me adoras.
10Entón replicoulle Xesús:
Arreda, Satán, porque está escrito: Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto.
11Deixouno o Satán, e achegáronse os anxos para o serviren.
EN GALILEA
A Boa Nova (Mc 1, 14-15; Lc 4, 14-15)
12Cando soubo Xesús que encadearan a Xoán, retirouse a Galilea. 13Deixando Nazaret, foise establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e NaftalÃ, 14para que se cumprise o dito polo profeta IsaÃas:
15Terra de Zebulón, terra de NaftalÃ,
camiño do mar na outra ribeira do Xordán.
Galilea dos pagáns.
16O pobo que xacÃa na escuridade
viu unha gran luz:
Para os que habitaban no escuro paÃs da morte
brillou unha alborada.
17E desde aquela empezou Xesús a predicar, dicindo:
ArrepentÃdevos, que o Reino dos Ceos xa está aÃ.
Os primeiros discÃpulos (Mc 1, 16-20; Lc 5, 1-11)
18Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a dous irmáns: Simón, tamén chamado Pedro, e Andrés; os dous, que eran pescadores, estaban largando o aparello no mar. 19DÃxolles:
Vide comigo, e fareivos pescadores de homes.
20Eles deixaron de contado o aparello, e seguÃrono. 21Máis adiante atopou outros dous irmáns: Santiago e mais Xoán, fillos de Zebedeo, que estaban co seu pai na barca arranxando o aparello. Tamén os chamou, e 22eles coa mesma deixaron a barca e mais a seu pai e seguÃrono.
23Xesús percorrÃa a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza padecÃa o pobo. 24Falábase del en toda Siria e traÃanlle enfermos con toda clase de doenzas e padecementos, endemoñados, epilépticos, tolleitos; e a todos curaba. 25Eran moitos os que o seguÃan, un mundo de xente chegada de Galilea, Decápole, Xerusalén, Xudea e da outra banda do Xordán.
Currently Selected:
Mateo 4: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT