YouVersion Logo
Search Icon

Malaquías 1

1
1Oráculo. Palabra do Señor dirixida a Israel, por medio de Malaquías.
Elección gratuíta de Israel e reprobación de Edom
2Quérovos ben —di o Señor—. Pero vós dicides:
"En que nos amosas o teu amor?"
"Non era Esaú irmán de Xacob? —é o Señor quen fala—
e eu amei a Xacob 3e menosprecei a Esaú:
convertín as súas montañas nunha desolación
e deilles a súa herdanza ós chacais do deserto".
4Si, Edom di: "Estamos destruídos, pero volveremos reconstruír as ruínas".
Así fala o Señor dos Exércitos: "Eles reconstruirán, pero eu destruirei,
e chamaráselle: Terra da ruindade e Pobo co que o Señor está sempre enfadado.
5Si, os vosos ollos verano; entón pensaredes:
O Señor é mais grande cós lindeiros de Israel.
Esixencias dun culto perfecto
6O fillo venera ó pai, e o servo ó señor.
Pero, se eu son o Pai, onde está a miña veneración?
E se eu son o Señor, onde está o meu respecto?"
—dívolo o Señor dos Exércitos a vós, sacerdotes que desprezades o meu Nome.
E vós dicides: "En que desprezamos o teu Nome?"
7O presentardes sobre o meu altar ofrendas lixosas,
dicides: "En que te lixamos a ti?"
Cando dicides: "a mesa do Señor é desprezable",
8e entón ofrecedes un animal cego para sacrificar: non está isto mal?
Ofrecedes animal coxo e animal enfermo: non está nada mal?
Preséntallo ó teu gobernador. Sentirase agasallado da túa parte
ou mostrarache o seu favor? —fala o Señor dos Exércitos—.
9Pois agora intentade abrandar o rostro anoxado de Deus, mostrarásevos benévolo?
Isto está na vosa man, retirará por iso de vós o seu rostro anoxado?
—fala o Señor dos Exércitos—.
10Quen hai de entre vós que queira pechara as dúas portas
para non prenderdes en van o lume no meu altar?
Non teño ningunha compracencia en vós
—fala o Señor dos Exércitos—;
non me sinto a gusto coa ofrenda que provén das vosas mans.
11Certo, desde a saída do sol ata a súa posta
é grande o meu Nome entre os pobos,
e en todos os lugares arde unha oblación no meu Nome e unha ofrenda pura,
porque grande é o meu Nome entre os pobos
—fala o Señor dos Exércitos—.
12Pero vós profanastes o meu Nome ó dicirdes:
"A mesa do Señor está lixosa e a súa comida é desprezable".
13Si, vós dicides: "Ollade, que traballo!"
e desprezades a comida —fala o Señor dos Exércitos—,
pero traedes do que collestes.
Si, o animal coxo e enfermo, ese é o que traedes de ofrenda.
Podo eu recibila con gusto das vosas mans? fala o Señor.
14Maldito sexa o tramposo, que ten no seu rabaño un macho,
pero cando fai voto, ofrécelle en sacrificio ó seu Señor algo desprezable.
Pois eu son o grande Rei —fala o Señor dos Exércitos—,
e o meu Nome é temible entre os pobos.

Currently Selected:

Malaquías 1: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in