Xénese 33
33
Encontro de Xacob con Esaú
1Xacob ergueu os ollos e viu vir a Esaú con catrocentos homes. El repartiu os nenos entre Lea, Raquel e as dúas servas. 2Puxo diante as dúas servas cos seus fillos, logo a Lea cos seus e detrás de todos a Raquel con Xosé. 3El pasou diante de todos, e foise prostrando por terra sete veces. Ata que chegou onda o seu irmán.
4Esaú correu ó seu encontro, apertouno, abrazóuselle ó pescozo e bicáronse chorando. 5Logo Esaú ergueu os ollos e vendo as mulleres e os nenos, preguntou: —"Quen che son eses?"
Xacob respondeulle: —"Son os fillos que Deus lle concedeu ó teu servo".
6Adiantáronse cara a eles as servas cos seus fillos, e prostráronse no chan. 7Despois achegouse Lea cos seus fillos, e prostrouse tamén. O cabo viñeron Xosé e Raquel, e tamén se prostraron.
8Preguntou Esaú: —"Que pretendes con esa caravana que vin encontrando?"
Respondeu el: —"Merecer o favor do meu señor".
9Dixo Esaú: —"Teño abondo, irmán. Queda co que é teu".
10Xacob insistiu: —"Non, meu señor. Se merezo o teu favor, acepta o meu regalo, pois o verte foi para min coma se vise o rostro de Deus. Acollíchesme con afecto. 11Acepta eses bens que trouxen para ti, pois Deus favoreceume e teño abundancia de todo". Xacob insistiu tanto, que Esaú aceptou.
12Logo dixo Esaú: —"Agora emprendamos a viaxe. Eu irei ó teu lado".
Respondeulle Xacob: 13—"O meu señor dáse conta de que os nenos son febles e que comigo van ovellas e vacas de cría. Se os obrigo de máis, morrerame nun só día o gando todo. 14Que o meu señor pase diante do seu servo. Eu seguireino pouco a pouco. O paso da caravana que camiña en cabeza e ó paso dos nenos, ata que cheguemos a Seir, onda o meu señor".
Esaú dixo: 15—"Polo menos deixarei contigo uns poucos dos meus homes".
Respondeulle Xacob: —"Para que? Chégame con saber que conto co favor do meu señor".
16Esaú emprendeu a viaxe de volta para Seir, 17e Xacob colleu o camiño de Succot. Alí fixo morada para si e cabanas para o gando. Por iso púxolle ó lugar o nome de Succot.
18Desde Padán-Aram, Xacob chegou san e salvo a Xequem, no país de Canaán. Acampou fronte á cidade. 19O sitio onde montou as súas tendas compróullelo por cen moedas ós fillos de Hamor, pai de Xequem. 20Alí construíu un altar e invocou ó Deus de Israel.
Currently Selected:
Xénese 33: ABGS
Highlight
Share
Copy

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT