Xénese 23

23
O sepulcro dos patriarcas
1Sara viviu cento vinte e sete anos. Eses foron por xunto os anos da súa vida. 2Morreu en Quiriat-Arbah, hoxe Hebrón, no país de Canaán. Abraham fixo o velorio e chorou pola súa muller.
3Logo ergueuse de onda a defunta e foi falar cos fillos de Het: 4—"Eu son un forasteiro, que reside entre vós. Dádeme aquí un sepulcro en propiedade, para enterrar nel á miña finada".
5Os fillos de Het respondéronlle:
6—"Escóitanos, señor: ti es para nós un príncipe de Deus. Enterra a túa finada no mellor dos nosos sepulcros. Ninguén de entre nós che negaría o seu sepulcro para que a enterres nel".
7Pero Abraham foi e prostrouse diante dos fillos de Het, os paisanos daquela terra, 8e faloulles así: "Se estades de acordo en que eu enterre a miña defunta, escoitádeme e valede por min diante de Efrón, fillo de Soar, 9para que me venda a cova de Macpelah, que está na beira do seu eido. Que polo seu debido prezo ma dea, diante de vós, para sepulcro en propiedade".
10Efrón o hitita atopábase entre os fillos de Het, e respondeulle a Abraham, de xeito que o oísen os fillos de Het e todos os que entraban polas portas da cidade: 11—"Non, meu señor. Escoita: douche para ti o eido, coa cova que hai nel. Douchos á vista do meu pobo. Enterra nel a túa morta".
12Abraham prostrouse outra vez diante da xente do país, 13e díxolle a Efrón, de xeito que todos o oísen: —"Se che parece, escóitame agora ti a min. Eu págoche o prezo do eido. Acéptamo, e enterrarei nel a miña morta".
14Efrón respondeulle a Abraham: 15—"Escóitame, señor meu: o valor do terreo é de catrocentos siclos de prata. Que é iso entre nós? Enterra a túa morta".
16Abraham colleu a Efrón pola palabra e, á vista dos fillos de Het, pesou os catrocentos siclos de prata de que falara Efrón, en moeda corrente, e pagoullos. 17Desa maneira o eido de Efrón, en Macpelah enfronte de Mambré, o agro coa cova e coas árbores de dentro dos lindeiros que o rodean, 18pasaron a ser propiedade Abraham, á vista dos fillos de Het e de todos os que entraban polas portas da cidade.
19Abraham enterrou a Sara, súa muller, na cova de Macpelah, enfronte de Mambré, hoxe Hebrón, no país de Canaán. 20Os fillos de Het traspasáranlle o eido de Macpelah coa súa cova a Abraham para sepulcro en propiedade.

ಪ್ರಸ್ತುತ ಆಯ್ಕೆ ಮಾಡಲಾಗಿದೆ:

Xénese 23: ABGS

Highlight

ಶೇರ್

ಕಾಪಿ

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in