YouVersion Logo
Search Icon

Zacarías 13

13
1No día aquel haberá unha fonte de auga corrente para a casa de David e para os habitantes de Xerusalén, por culpa do pecado e da inmundicia.
IV. Purificación do país (Xudá)
2No día aquel —é o Señor quen fala— extirparei do país os nomes dos ídolos, e non volverán ser lembrados. Tamén farei desaparecer do país os profetas e o espírito de impureza. 3E sucederá que, se alguén volve a profetizar, o pai e a nai que o xeraron, diranlle: "Non podes seguir vivindo, xa que falaches mentiras no nome do Señor". E cando el profetice, o pai e a nai que o xeraron matarano a espada. 4Sucederá no día aquel que cada un dos profetas se avergonzará da súa visión, cando profetice en falso, e non vestirán manto de pelo para mentir. 5Dirá cada un: "Eu non son profeta, son un que traballa a terra, pois a terra é a miña posesión desde a miña mocidade". 6Pero diranlle: "Que son esas feridas entre as túas mans?" E responderá el: "Si, ferinme no templo dos meus amantes".
V. O pastor ferido e o rabaño disperso
7Érguete, espada, contra o meu pastor,
contra o home que está ó meu carón
—oráculo do Señor dos Exércitos—.
Fire ó pastor e que se escorrenten as ovellas.
Daquela volverei a miña man contra as máis febles.
8E acontecerá en todo o país
—oráculo do Señor—,
que dous terzos serán exterminados
e de certo morrerán,
mais un terzo quedará nel.
9A ese terzo fareino pasar polo lume
e acrisolareino como se acrisola a prata
e probareino como se proba o ouro.
El invocará o meu nome
e eu escoitareino;
direille "ti es o meu pobo"
e el dirame "Iavé meu Deus".

Currently Selected:

Zacarías 13: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Zacarías 13