Lucas 19
19
Zaqueo
1Chegou Xesús a Xericó e pasaba atravesando a cidade. 2HabÃa alà un home chamado Zaqueo, xefe dos recadadores e moi rico. 3Intentaba ver quen era Xesús; pero impedÃallo a xente, porque el era pequeneiro. 4Entón botou a correr e subiu a unha figueira para velo, porque Ãa pasar por alÃ. 5O pasar Xesús por aquel lugar, levantou a vista e dÃxolle:
Zaqueo, baixa de contado, que hoxe teño que parar na túa casa.
6El, baixando de contado, acolleuno moi contento. 7Pero vendo aquilo, a xente empezou a murmurar:
Entrou a se hospedar na casa dun pecador.
8Zaqueo, posto de pé, dÃxolle ó Señor:
Señor, darei a metade de todo canto teño ós pobres e, se algo roubei a alguén, devolvereille catro veces máis.
9Entón Xesús dixo:
Hoxe chegou a salvación a esta casa, pois tamén este é fillo de Abraham. 10Porque o Fillo do Home vén buscar e salvar o que estaba perdido.
Parábola das onzas (Mt 25, 14-30)
11Estando a xente escoitando estas cousas, engadiu unha parábola, por estar cerca de Xerusalén e por pensar a xente que o Reino de Deus Ãa aparecer de contado. 12Dixo:
Un home nobre marchou a un paÃs distante, a que o coroasen rei, e volver despois. 13Chamou logo por dez dos seus criados, repartiulles dez onzas, e encargoulles: "Negociade ata que volva". 14Pero os seus súbditos, que o odiaban, mandaron tras el unha embaixada, dicindo: "Non queremos que este sexa o noso rei".
15Cando volveu, xa coroado coma rei, mandou chamar polos criados aqueles, ós que lles dera as onzas, para saber canto gañara cada un.
16Presentouse o primeiro, dicindo: "Señor, a túa onza produciu outras dez". 17El contestoulle: "Ben, criado cumpridor: xa que fuches fiel en cousa pequena, serás rexedor de dez cidades".
18Chegou o segundo dicindo: "A túa onza, Señor, produciu outras cinco", 19Contestoulle tamén a este: "Ti tamén serás rexedor de cinco cidades".
20E chegou outro, dicindo: "Señor, aquà tes a túa onza; tÃñaa gardada nun paniño, 21pois sabÃa que eras home esixente, que colles o que non pos e segas o que non sementas". 22El contestoulle: "As túas palabras condénante, criado inútil. Asà que ti sabÃas que son home esixente, que collo o que non poño, e sego o que non semento. 23Pois logo por que non deixaches nun banco os meus cartos? AsÃ, ó chegar, eu podÃa recoller os intereses".
24E dÃxolles ós presentes: "Quitádelle a onza e dádella ó que ten dez!". 25Eles replicaron: "Señor, se ese xa ten dez onzas!"
El seguiu: 26"Asegúrovos que a todo o que ten, háselle dar; pero ó que non ten, aÃnda o que ten se lle ha de quitar. 27E a todos eses meus inimigos, que non me querÃan por rei, traédeos aquÃ, e degoládeos na miña presenza".
28E dito isto, botou a andar diante deles camiño de Xerusalén.
XESÚS EN XERUSALÉN
Entrada triunfal en Xerusalén (Mt 21, 1-11; Mc 11, 1-11; Xn 12, 12-19)
29E cando se aproximaban a Betfagué e a Betania, ó pé do chamado Monte das Oliveiras, mandou dous discÃpulos, 30dicÃndolles:
Ide á aldea que tedes aà diante, e atoparedes atado un burriño que ninguén montou aÃnda nunca. Soltádeo e traédeo. 31E se alguén vos pregunta: "Por que o soltades?", respondédelle: "PrecÃsao o Señor".
32Foron os discÃpulos, e atoparon todo tal como lles dixera. 33E cando ceibaron o burriño, preguntáronlles os donos:
Por que soltades o burriño?
34Eles contestaron:
PrecÃsao o Señor.
35Levárono onda Xesús, botaron os mantos sobre o burriño e axudárono a montar. 36E ó pasar el, a xente estendÃa os mantos polo camiño. 37Cando se aproximaban á baixada do Monte das Oliveiras, a multitude de discÃpulos, cheos de alegrÃa, comezaron a loar a Deus con grandes gritos, por tódalas marabillas que tiñan visto. 38DicÃan:
Benia o que vén, coma rei, no nome do Señor. Paz no ceo, e gloria no máis alto!
39Algúns dos fariseos que estaban entre a xente, dixéronlle:
Mestre, reprende a eses teus discÃpulos.
40Pero el respondeulles:
Asegúrovos que se estes calan, falarán as pedras.
Laio sobre Xerusalén (21, 6; Mt 24, 2; Mc 13, 2)
41E ó enxergaren a cidade, chorou sobre ela 42dicindo:
Ai, se ti tamén coñeceses neste dÃa o que che podÃa traer paz! Pero os teus ollos non o dan visto. 43E virán dÃas nos que os teus inimigos te rodearán de trincheiras; asediarante, e apertarante por todas partes. 44Esnaquizarante contra o chan a ti e mais os teus fillos. Non che deixarán pedra sobre pedra, por non recoñecer a oportunidade de cando te visitaron.
Xesús bota os tendeiros fóra do templo (Mt 21, 12-17; Mc 11, 15-19; Xn 2, 13-22)
45Despois entrou no templo, e empezou a botar fóra os tendeiros, 46dicÃndolles:
Está escrito: a miña casa ha ser casa de oración; pero vós convertéstela en cova de bandidos.
47Ensinaba todos os dÃas no templo. Daquela xa os sumos sacerdotes, os letrados e mais os notables do pobo buscaban o xeito de acabaren con el. 48Pero non o atopaban, porque todo o pobo estaba moi atento ó que el dicÃa.
Currently Selected:
Lucas 19: ABGS
Highlight
Share
Copy
![None](/_next/image?url=https%3A%2F%2Fimageproxy.youversionapi.com%2F58%2Fhttps%3A%2F%2Fweb-assets.youversion.com%2Fapp-icons%2Fen.png&w=128&q=75)
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT