Lucas 10
10
Misión dos setenta e dous (Mt 10, 1-2; 9, 37-38; 10, 9-16; Mc 6, 7-11)
1Despois disto designou o Señor a outros setenta e dous, e mandounos de dous en dous por diante del a tódalas vilas e aldeas onde tiña pensado ir. 2DÃxolles:
A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; asà que rogádelle ó dono da colleita que mande xornaleiros á súa ceifa.
3Ide e sabede que vos mando coma años entre lobos. 4Non levedes saco, nin alforxa, nin calzado, nin vos paredes a parolar con ninguén polo camiño. 5Cando entredes nunha casa, antes de máis nada dicide: "Paz a esta casa". 6E se alà hai xente de paz, sobre ela repousará a vosa paz; se non a hai, volverá convosco. 7Permanecede na mesma casa, comendo e bebendo do que teñan, que o obreiro ten dereito ó seu xornal. Non andedes dunha casa para outra. 8Cando entredes nunha vila e vos acollan, comede do que vos poñan, 9curade os enfermos que haxa e dicÃdelles: "Xa chega a vós o Reino de Deus". 10Pero cando non vos acollan na vila na que entredes, saÃde ás prazas dicindo: 11Non queremos levar da vosa vila nin o po que se nos pegou ós pés. Aà vos queda.
Pero sabede que xa chega o Reino de Deus. 12Asegúrovos que o DÃa do XuÃzo será máis livián para Sodoma do que para aquela vila.
Ai das vilas impenitentes! (Mt 11, 20-24)
13Ai de ti, CorozaÃn! Ai de ti, Betsaida! Porque se en Tiro e Sidón se fixesen os milagres que se fixeron en vós, hai ben tempo que facÃan penitencia, cubertos de saco e de cinsa. 14Pero o dÃa do XuÃzo será moito máis livián para Tiro e Sidón do que para vós. 15E ti, Cafarnaúm, seica pensas que vas chegar ata o ceo? Alagaraste no abismo!
16Quen vos escoita a vós, escóitame a min, e quen vos rexeita a vós, rexéitame a min; pero o que me rexeita a min, rexeita a quen me mandou.
Regreso dos setenta e dous
17Entón volveron os setenta e dous moi contentos dicindo:
Señor, aÃnda os demos tamén se nos someten no teu nome.
18El replicou:
Eu vÃa a Satán caendo do ceo coma un raio. 19Porque vos dei poder para pisardes cobras e mais alacráns e poder sobre toda forza inimiga, e nada vos fará mal. 20Con todo, non vos alegredes de que os espÃritos se vos sometan: alegrádevos, máis ben, de que os vosos nomes estean escritos no ceo.
O Evanxeo é para os sinxelos (Mt 11, 25-27; 13, 16-17)
21E naquel momento exclamou cheo de gozo do EspÃrito Santo:
Bendito sexas, Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles agachaches estas cousas ós sabios e prudentes, e llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che agradar iso asÃ.
22Meu Pai ensinoume tódalas cousas, e ninguén coñece ó Fillo a non ser o Pai, nin coñece ó Pai a non ser o Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar.
23E volvéndose ós discÃpulos, dÃxolles á parte:
Benia os ollos que ven o que vós vedes. 24Porque é ben certo que moitos profetas e reis arelaron ver o que vós vedes, e non o viron; e oÃr o que vós oÃdes, e non o oÃron.
O gran mandamento (Mt 22, 34-40; Mc 12, 28-31)
25Ergueuse certo xurista e preguntoulle para o poñer á proba:
Mestre, que teño que facer para herdar a vida eterna?
26El respondeulle:
Que pon a Lei? Que les?
27Contestou:
Amarás o Señor teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma, toda a túa forza e con todo o teu entendemento, e o próximo coma a ti mesmo.
28El dÃxolle:
Contestaches perfectamente; cúmpreo e vivirás.
Parábola do bo samaritano
29Pero o xurista, querendo xustificarse, preguntoulle a Xesús:
E quen é o meu próximo?
30Xesús replicou:
Dunha vez un home baixaba de Xerusalén a Xericó, e asaltárono uns bandidos, que, despois de o roubaren e bouraren nel, deixárono medio morto. 31Cadrou a baixar polo mesmo camiño un sacerdote, que, ó velo, deu un rodeo e pasou de largo. 32Igual fixo un clérigo, que pasaba por alÃ: ó chegar e velo, deu un rodeo. 33Pero un samaritano, que Ãa de camiño polo mesmo lugar, ó velo, sentiu mágoa 34e achegándose a el, curoulle as feridas con aceite e viño e vendoullas. Logo, montouno na súa cabalgadura, levouno a unha pousada e coidouno. 35O outro dÃa colleu dous denarios, deullos ó pousadeiro, e dÃxolle: "Coida del, e cando volva xa che pagarei o que gastes de máis".
36Quen dos tres che parece que foi próximo do que caeu nas mans dos bandidos?
37El respondeu:
O que practicou a misericordia con el.
DÃxolle Xesús:
Pois ti vai e fai outro tanto.
Visita a MarÃa e Marta
38Cando Ãan de camiño, entrou en certa aldea, e unha muller chamada Marta acolleuno na súa casa. 39Esta tiña unha irmá chamada MarÃa, que sentada ós pés do Señor, escoitaba as súas palabras. 40Marta, en troques, estaba moi apurada co labor da casa; e achegándose a el, dÃxolle:
Señor, non che importa que a miña irmá me deixe a min o traballo? Dille que me bote unha man.
41Pero o Señor respondeulle:
Marta, Marta, preocúpaste e desacóugaste con tantas cousas, 42pero soamente unha é a necesaria. MarÃa escolleu a mellor parte, e esa nunca se lle vai quitar.
Currently Selected:
Lucas 10: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT