1
Mateo 5:15-16
Biblia SEPT
Tampouco se acende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón sobre o candeeiro, para que alume a todos os da casa. Alume así a vosa luz ós homes, para que, vendo as vosas boas obras, glorifiquen a voso Pai que está nos Ceos.
Compare
Explore Mateo 5:15-16
2
Mateo 5:14
Vós sodes a luz do mundo. Non se pode agachar unha cidade afincada na cima dun monte.
Explore Mateo 5:14
3
Mateo 5:8
Ditosos os de corazón limpo, porque eles verán a Deus.
Explore Mateo 5:8
4
Mateo 5:6
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos.
Explore Mateo 5:6
5
Mateo 5:44
Pero eu dígovos: amade os vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen.
Explore Mateo 5:44
6
Mateo 5:3
Ditosos os que teñen espírito de pobres, porque deles é o Reino dos Ceos.
Explore Mateo 5:3
7
Mateo 5:9
Ditosos os que traballan pola paz porque eles serán chamados fillos de Deus.
Explore Mateo 5:9
8
Mateo 5:4
Ditosos os que choran, porque eles serán consolados.
Explore Mateo 5:4
9
Mateo 5:10
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza, porque deles é o Reino dos Ceos.
Explore Mateo 5:10
10
Mateo 5:7
Ditosos os misericordiosos, porque eles acadarán a misericordia.
Explore Mateo 5:7
11
Mateo 5:11-12
Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.
Explore Mateo 5:11-12
12
Mateo 5:5
Ditosos os non violentos, porque eles herdarán a terra.
Explore Mateo 5:5
13
Mateo 5:13
Vós sodes o sal da terra. Pero se o sal se volve insulso, con que se vai salgar? Para nada vale xa, senón para tirar con el e que o pise a xente.
Explore Mateo 5:13
14
Mateo 5:48
Daquela sede bos sen exclusivismos, coma o voso Pai celestial é totalmente bo.
Explore Mateo 5:48
15
Mateo 5:37
Falade, logo, deste xeito: "Si", cando é si; "Non", cando é non; e todo o que pase de aí vén do Malo.
Explore Mateo 5:37
16
Mateo 5:38-39
Tedes oído que se vos dixo: Ollo por ollo e dente por dente. Pero eu dígovos: non volvades mal por mal. O contrario, se alguén che dá un lapote na túa meixela dereita, preséntalle a outra
Explore Mateo 5:38-39
17
Mateo 5:29-30
Se o teu ollo dereito che é ocasión de pecado, arríncao e tira con el; que máis che vale que se perda un dos teus membros e non que te boten todo enteiro no inferno. Se a túa man dereita che é ocasión de pecado, córtaa e tira con ela lonxe de ti; que máis che vale que se perda un dos teus membros e non que te boten todo enteiro no inferno.
Explore Mateo 5:29-30
Home
Bible
Plans
Videos