1
Xénese 27:28-29
Biblia SEPT
Deus che dea o orballo do ceo, a fartura da terra, abundancia de trigo e de viño. Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga".
Compare
Explore Xénese 27:28-29
2
Xénese 27:36
Dixo Esaú: —"Por algo lle puxeron Xacob, pois xa me suplantou por dúas veces. Levoume a primoxenitura e agora arrampla coa miña bendición". E preguntou: —"Non che queda unha bendición tamén para min?"
Explore Xénese 27:36
3
Xénese 27:39-40
Isaac atendeuno e dixo: —"A túa morada estará lonxe da fartura da terra e do orballo do ceo. Vivirás da túa espada e servirás a teu irmán. Pero virá un tempo e serás libre: Botarás o seu xugoj de enriba do teu pescozo".
Explore Xénese 27:39-40
4
Xénese 27:38
Esaú díxolle a seu pai: —"É que non tes, meu pai, máis ca unha bendición? Bendíceme, meu pai, tamén a min". E rompeu a chorar a berros.
Explore Xénese 27:38
Home
Bible
Plans
Videos