1
Xénese 24:12
Biblia SEPT
El pregou entón deste xeito: —"Señor, Deus do meu amo Abraham, ven hoxe ó meu encontro e trátao a el con amor.
Compare
Explore Xénese 24:12
2
Xénese 24:14
A rapaza á que eu lle diga: Baixa o cántaro, por favor, e dáme de beber, e que ela me responda: Bebe ti e abeberarei tamén os teus camelos, sexa a que ti determinas para o teu servo Isaac. Niso saberei eu que tratas ó meu amo con amor".
Explore Xénese 24:14
3
Xénese 24:67
Isaac introduciu a Rebeca na tenda de Sara, súa nai, tomouna por súa muller e amouna, ata consolarse da morte de súa nai.
Explore Xénese 24:67
4
Xénese 24:60
A Rebeca botáronlle esta bendición: "Ti, nosa irmá, que crezas por milleiros, que os teus descendentes se apoderen das cidades dos teus inimigos".
Explore Xénese 24:60
5
Xénese 24:3-4
e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito, senón que irás á miña terra, onda os meus parentes, e procurarás alí muller para meu fillo Isaac".
Explore Xénese 24:3-4
Home
Bible
Plans
Videos