1
Lucas 8:15
Biblia SEPT
Os da terra boa, son aqueles de bo e xeneroso corazón, que escoitando a Palabra, retéñena, producindo froito coa súa perseveranza.
Compare
Explore Lucas 8:15
2
Lucas 8:14
Os das silvas son os que a escoitan; pero por mor das preocupacións, riquezas e praceres da vida, non chega a madurecer.
Explore Lucas 8:14
3
Lucas 8:13
Os das pedras son aqueles que cando a oen, acollen con alegría a Palabra; pero, como non teñen raíz, cren por certo tempo, mais, cando vén a tentación, abandonan.
Explore Lucas 8:13
4
Lucas 8:25
Díxolles despois: Onde está a vosa fe? Eles, sorprendidos e admirados, dicían entre eles: Pero, quen é este, que manda nos ventos e na auga?
Explore Lucas 8:25
5
Lucas 8:12
Os do camiño son os que tan pronto como oen a Palabra, vén o Satán e repáñallela do seu corazón, non vaia ser que crean e se salven.
Explore Lucas 8:12
6
Lucas 8:17
Por-que non hai cousa oculta que non se chegue a saber nin segredo que non se chegue a descubrir e traer á luz pública.
Explore Lucas 8:17
7
Lucas 8:47-48
Entón a muller, tremendo, veu caer ante el, manifestando diante de todo o pobo por que o tocara e como curara no instante. El díxolle: Filla, a túa fe sandoute, vai en paz.
Explore Lucas 8:47-48
8
Lucas 8:24
Achegáronse a espertalo, dicíndolle: Mestre, que afogamos! El espertou, e berroulles ó vento e ás ondas. Amainaron e veu unha gran calma.
Explore Lucas 8:24
Home
Bible
Plans
Videos