1
Xénese 35:11-12
Biblia SEPT
Deus engadiu: —"Eu son o Deus todopoderoso. Ti reprodúcete e medra. De ti sairá un pobo, ou unha chea de pobos, e reis nacerán das túas entrañas. A terra que eu lle dei a Abraham e a Isaac, doucha tamén a ti e daréillela ós teus descendentes".
Compare
Explore Xénese 35:11-12
2
Xénese 35:3
Imos subir a Betel, para levantar alí un altar ó Deus que me gardou cando eu andaba apurado, e que estivo comigo na viaxe que fixen".
Explore Xénese 35:3
3
Xénese 35:10
e díxolle: —"O teu nome é Xacob. Pero non seguirás levando o nome de Xacob, senón o nome de Israel". E chamouno Israel.
Explore Xénese 35:10
4
Xénese 35:2
Xacob mandoulles á súa familia e á toda a súa xente: —"Retirade os deuses alleos que teñades, purificádevos e mudádevos de roupa.
Explore Xénese 35:2
5
Xénese 35:1
Deus díxolle a Xacob: —"Vai, sube a Betel, asenta alí e fai un altar ó Deus que se che apareceu, cando ías fuxindo de teu irmán Esaú".
Explore Xénese 35:1
6
Xénese 35:18
E ela, saíndoselle a alma, pois estaba morrendo, púxolle ó neno o nome de Fillo da miña dor. Pero seu pai chamoulle Benxamín.
Explore Xénese 35:18
Home
Bible
Plans
Videos